Os Alcalde do Pacto de Pedre, que integran os concellos ourensáns de Boborás, Beariz, Punxín, O Irixo, Maside, Carballiño e o pontevedrés de Cerdedo-Cotobade, acordaron solicitar unha reunión co Ministro de Transportes e Mobilidade Sostible, Óscar Puente, e cos grupos políticos do Congreso e o Senado co propósito de incidir na necesidade de mellora da estrada Nacional 541 que comunica ambas capitais de provincia.
Tamén lembran que dende o 12 de xuño agardan por unha entrevista solicitada co delegado do goberno en Galicia, Pedro Blanco, para trasladarlle “dende o máximo respeto institucional” as mesmas reivindicacións.