A sección segunda da Audiencia Provincial de Ourense condenou a 18 anos e medio de cadea a un home que publicou en internet vídeos de contido sexual de dúas exparellas, de dúas compañeiras de traballo e dunha menor de idade á que enganou.
A Sala considerouno culpable de delictos de descubrimento e revelación de segredos, de "grooming" sobre unha menor, de exhibicionismo, de captación de menores de idade co propósito de elaborar material pornográfico, e de distribución de pornografía infantil.
Os maxistrados, asemade, impuxéronlle o pago dunha indemnización ás víctimas que ascende a 19 mil euros.
O tribunal considera probado que o acusado, entre abril e maio do 2020, compartíu imaxes sexuais e vídeos de prácticas sexuais dunha das mulleres coa que mentivera unha relación no 2017, sen coñecemento da afectada. Tamén consideran probado que nas mesmas datas fixo o mesmo con imaxes da súa ex dona, coa que mantivo relación entre o 2000 e o 2014. Nesta caso empregando imaxes captadas con cámara oculta no cuarto de baño do domicilio e con imaxes tomadas directamente á víctima.
Tamén é relatado no fallo que entre o 2012 e o 2016 instalou unha cámara oculta nos baños da empresa na que traballaba "co obxecto de descubrir a intimidade de dúas compañeiras de traballo" ás que gravou varias veces.
E por último, en 2019 púxose en contacto con unha menor ó través da rede social Instagram e por email (nada no 2003), gañando a súa amizade ata o punto de que ela creeu ter unha relación sentimental con ´él, conseguindo que lle enviase imaxes de contido sexual que chegou a distribuir.