O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González dixo nun almorzo empresarial organizado pola Asociación de Constructores de Ourense que a Xunta de Galicia reforza a colaboración co sector poñendo o foco na formación e na atracción de talento para cubrir vacantes.
González puxo en valor a construcción como motor do emprego, salientando que os últimos datos da Enquisa de Poboación Activa constatan o aumento de ocupados na construcción un 6,74% co que en Galicia a situación é mellor que no 2023 con 1,1 millóns de empregados.
Por outro lado o conselleiro constatou que unha das preocupacións é o elevado grao de absentismo; algo que analizan tamén coa consellería de Sanidade.