O grupo municipal do PP alerta do que califica como “incompetencia” do goberno local tras anunciar que a pisciña termal de As Burgas non abrirá en todo o verán.
A edil Ana Méndez pono como exemplo “do que lle importa ó Alcalde potenciar a cidade”.
Para a popular, o de Jácome é o “goberno da mentira; menten en todo; cos orzamentos, cos servizos sociais, co PXOM…e agora tamén co termalismo”, lembrando que con anterioridade aseguraron que estas dependencias estarían listas para a tempada de verán.
Recalca Méndez que os turistas non veñen a Ourense polas augas das pisciñas de Oira (abertas esta fin de semana) senón polas augas termais.