Paro

Os datos de paro rexistrado confirma a ralentización do mercado laboral

CCOO alerta que, coas politicas actuais, a provincia quedará convertida nun "deserto empresarial e nun xeriático"

ondacero.es

Ourense | (Publicado 04.02.2019 18:34 )

pedro barreiros | onda cero

Os datos de paro rexistrado correspondentes ao mes de xaneiro de 2019, confirman a ralentización do noso mercado laboral. Lamentamos que, unha vez mais, Ourense comence o ano “á cola de Galicia e do Estado”, circunstancia atribuible á “fraxilidade do noso tecido productivo”, caracterizado pola estacionalidade e a precariedade.

Este modelo afecta mais duramente ás mulleres. Do incremento de 262 persoas en situación de desemprego, 222 son mulleres.

Ourense, cando crece, crea emprego precario, principalmente en actividades de baixo valor engadido, que dependen do calendario e da coxuntura económica. “En canto varía algún destes factores o emprego creado desaparece”, como aconteceu no mes de xaneiro co remate da campaña do nadal.

Lamentamos que se consolide este modelo precario, no que “mes tras mes, os postos de traballo teñen data de caducidade”. Foi o que aconteceu en xaneiro, onde case 9 de cada 10 (89,63%) contratos rexistrados foron temporais. “Isto provoca que Ourense non sexa un lugar atractivo nin para desenvolver un proxecto vital, nin para atraer investimentos empresariais. A continuada caída de poboación activa e os datos de captación de investimentos así o indican”.

Ourense precisa un proxecto serio para a provincia. Unha estratexia de dinamización demográfica non resolve por si soa nin a caída de poboación, nin o avellentamento do territorio.

CCOO propomos outro modelo de desenvolvemento que aposte por un tecido productivo que non sexa obsoleto, que cree emprego de calidade, con servizos públicos para favorecer a conciliación da vida persoal, familiar e laboral e mellorar a calidade de vida da cidadanía e con infraestructuras físicas e tecnolóxicas que acompañen. “Persistir na actual política do Partido Popular convertirá a Galicia e a Ourense nun deserto empresarial e nun xeriátrico”.

Datos do paro

O paro aumentou en Ourense en 262 persoas, das que 222 son mulleres. O 89,63% dos contratos asinados na provincia foron temporais e a tempo parcial. Descendeu o paro na agricultura en 45 persoas e no colectivo de persoas sen emprego anterior en 22 persoas. Incrementouse o paro especialmente no sector servizos, unha vez rematada a campaña do nadal, en 224 persoas; no sector da construcción en 57 persoas e no sector industrial en 48 persoas.