O grupo municipal do Partido Popular no Concello de Ourense instará ao goberno local a cumprir co pago comprometido coa Asociación Down para a reforma do seu novo local.
O compromiso data de hai un ano e ascendía a unha aportación económica de 50 mil euros e en breve a asociación vai a trasladarse ó seu novo local, explicou a voceira popular Ana Méndez.
Os populares tamén solicitarán que se convoque de inmediato ó Consello Municipal de Servizos Sociais para que máis de 40 entidades que forman parte deste órgano poidan participar activamente na elaboración e seguimento das políticas que neste eido sexan implementadas en Ourense.
Tamén pedirán que as subvencións a entidades sociais sexan convocadas no primeiro trimestre de cada ano para que teñan acceso aos recursos coa debida antelación.