Os deputados ourensáns do PP rexistraron no Congreso varias preguntas para insistir na instalación dun ascensor na estación de Alta Velocidade Ferroviaria “Porta de Galicia” en A Gudiña.
Asegura que o goberno socialista e Adif néganse a instalar esta infraestructura pese ó “notable incremento de viaxeiros” e insisten en que é necesario para as persoas con mobilidade reducida ou que viaxan con grandes equipaxes.
A alternativa é unha longa rampa con notable pendente que dificulta seu uso.
Para o deputado ourensán Celso Delgado non é xustificable esta situación.