Ribeiro en Común ven de solicitar que nos orzamentos municipais de Ribadavia para este ano sexa ampliada a partida para redorzar o servizo de recollida de lixo e limpeza, conforme ó aprobado nunha moción deste organización.
Consideran que o goberno municipal do PP "segue instalado nas fotos e os oropeles", di o edil Brais Fidalgo, "cando a realidade de Ribadavia é diferente, indo a peor servizos como é o caso da limpeza viaria".
Por elo consideran que o servizo debe ser reforzado ó contar con pouco personal, e que en todo caso, advirten, fan un labor moi bo, "pero as necesidades aumentaron".
Así mesmo solicitan que, conforme á normativa municipal, sexan sancionados aqueles veciños que ensuxan as rúas.