Ourense provincia

Democracia Ourensana denuncia danos nas pistas de atletismo de Monterrei

Denuncian os danos consecuencia da instalación do OurenSound Fest

Paco Sarria

Ourense |

Democracia Ourensana denuncia danos nas pistas de atletismo de Monterrei
Democracia Ourensana denuncia danos nas pistas de atletismo de Monterrei | DO

Democracia Ourensana denunciou os danos ocasionados nas pistas de atletismo do complexo deportivo de Monterrei, en Pereiro de Aguiar, como consecuencia da instalación de escenarios e outros elementos para a celebración esta fin de semana do OurenSound Fest.

Explican nunha nota de prensa que a "agresión" as instalacións deportivas contan co "visto e prace" da Xunta de Galicia e da Deputación de Ourense, que subvencionan este festival.

Engaden que o certame é para lucro do organizador que garante beneficios coas subvencións mentres "desaloxa" durante unha semana ós deportistas que utilizaban esas instalacións.

DO considera "moi grave" a colocación do escenario na propia pista de atletismo e a escasa protección para o paso de camións e maquinaria pesada para a montaxe da infraestructura, calificando todo elo de "aberración" xa que estiman que en ningún outro sitio de España permitirían algo así.

Engaden a todo elo que non teñen novas ó respecto da protección do terreo de xogo e da propia pista durante a celebración dos concertos.