Seguridade

O PP denuncia no Congreso a inseguridade na provincia de Ourense

Sinalan o incremento do 60% nas violacións

Paco Sarria

Ourense | 13.09.2024 11:16

ana belen vazquez
ana belen vazquez | Faro de Vigo

Os deputados nacionais do PP de Ourense alertan da inseguridade na provincia e presentaron unha iniciativa no Congreso dos Deputados para frear o desmantelamento da seguridade no rural.

Os populares fan a comparativa do último semestre co do 2018 cando gobernaba o PP sinalando que a criminalidade medrou un 21,58% pasando as infraccións penais de 3772 a 4586.

Salientan en concreto o incremento dun 60% das violación, do 91% nas riñas tumultuarias ou do 16% no tráfico de estupefacientes.

Por elo esixen do goberno que en lugar de excusas aporten solucións, declarou a deputada na Cámara Baixa, Ana Belén Vázquez..

¿Conoces el canal deOnda Cero en WhatsApp?

Únete ahora