Os populares ourensáns reiteraron a falla de seguridade na zona da rúa Río Arnoia debido as constantes liortas, acusando ó goberno municipal de inacción.
Peses ás numerosas iniciativas do PP no último ano, a edil Noelia Pérez explicou hoxe que as cousas están “peor” detallando frecuentes danos en vehículos.
Para Pérez, o Alcalde, Jácome e seu grupo de goberno “están a outras cousas”.
Por elo piden á administración local e á administración estatal que se impliquen para dar solución a esta problemática.
Neste senso dirixirán iniciativas tanto ó Parlamento de Galicia e ó Concello, como ó Congreso dos Deputados.
Á sua vez a deputada no Congreso Ana Vázquez denunciou que o fenómeno da “okupación” (que ven detrás desta situación) vai ó alza en toda España “okupándose” en Ourense o ano pasado 14 vivendas e 19 no que vai de ano.