Os grupo municipal do PP no Concello de Ourense denuncia presuntas irregularidades, incumprimentos e recortes nas obras das rúas Sol, Boavista e Do Campo en As Eiroás, preguntándose onde están os cartos destas obras. Para a popular Noelia Pérez "hai un incumprimento flagrante da lei de contratos, dos prazos, das modificacións e do executado, o que ocasionou perxuizo ós veciños e ós ourensáns que terán que pagalo".
Explican que non se van a executar as obras da rede de telecomunicacións, nin da media e baixa tensión. E tampouco van a ser renovadas as conduccións de saneamento e as acometidas ás vivendas, cando si estaba previsto no proxecto.
Piden ó Alcalde que execute o proxecto aprobado por que "poñer no contrato unha cousa e despois facer outra é un fraude de lei".