Ambientalismo

Denuncian arboricidio na Avenida Castelao de Ourense

Oposición municipal e ambientalistas denuncian a tala sen aparente motivo

Paco Sarria

Ourense | 12.08.2024 09:57

Denuncian arboricidio na Avenida Castelao de Ourense
Denuncian arboricidio na Avenida Castelao de Ourense | La Región

O grupo municipal socialista reclama información sobre a tala de árbores na Avenida Castelao e pide ó goberno local de Pérez Jácome que cumpra coa promesa de prantar 10 mil exemplares na cidade, favorecendo así a adopción de medidas contra a calor.

A edil Alba Iglesias rexistrou a solicitude de copia urxente dos informes emitidos pola concellería de medio ambiente que xustifiquen a necesidade da tala.

Neste senso tamén denuncian a tala dende Amigas das Árbores poñendo o foco nun plátano centenario que gozaba de boa saúde, e denunciando que o Concello de Ourense está gobernado por "delincuentes arboricidas e negacionistas"..

Asemade e neste contexto, dende o grupo municipal do PP denuncian a falla de medidas municipais fronte as vagas de calor que sofre a cidade.

Falan de “pasotismo” do Alcalde e critican -como xa fixo no seu día o PSOE- a falla de refuxios climáticos.

Propoñen para elo habilitar os centros cívicos e empregar elementos textiles para dar sombras.

Tamén denuncian o abandono dos paseos fluviais.

¿Conoces el canal deOnda Cero en WhatsApp?

Únete ahora