Centenarios

AA Deputación colabora co equipo de Michel Poulain para explorar a posibilidade de que a provincia de Ourense sexa declarada “Zona Azul”

Máis de 40 concellos ourensáns teñen centenarios censados

Paco Sarria

Ourense |

AA Deputación colabora co equipo de Michel Poulain para explorar a posibilidade de que a provincia de Ourense sexa declarada “Zona Azul”
AA Deputación colabora co equipo de Michel Poulain para explorar a posibilidade de que a provincia de Ourense sexa declarada “Zona Azul” | Onda Cero Ourense

O presidente provincial, Luis Menor, mantivo un encontro co recoñecido demógrafo o Dr. Michel Poulain, profesor emérito da Universidade Católica de Lovaina (Bélxica) e gran experto en lonxevidade, acompañado por membros do seu equipo e por José María Failde Garrido, presidente da Sociedade Galega de Xeriatría e Xerontoloxía, que están a analizar 66 municipios de Galicia, dos que 47 son da provincia de Ourense

Menor salienta que o obxectivo da reunión foi analizar as posibilidades de que Galicia sexa declarada “zona azul”, áreas do mundo con poboación ultralonxeva. “Galicia en xeral, e Ourense en particular, parece reunir os requisitos para esa cualificación, o que demostra que somos unha terra con hábitos saudables e servizos de calidade”

A Deputación colabora con este estudo científico conectando coas administracións locais que concentran máis centenarios (Xinzo, Ribadavia, Cenlle e Celanova participaron na reunión de hoxe) para que lles faciliten aos investigadores todos os datos posibles para avanzar nun mapeado da provincia e que cientificamente se poida demostrar a prevalencia da ultralonxevidade nunha parte importante da poboación