A Deputación Provincial de Ourense adica o 8 de xaneiro ás mulleres que sacaron adiante ás súas familias mentres as suas parellas traballaban na emigración. Unha iniciativa que forma parte da campaña <8M mes a mes>.
Nesta ocasión personifican a campaña en Xulia Vázquez Álvarez, residente na parroquia de As Mamoelas no concello de A Bola e que foi a primeira muller da zona en sacar o carné de conducir; unha ferramenta que lle foi de moita utilidade para sacar adiante á súa familia mentres seu home traballaba emigrado en Suiza.
O lema deste mes, escollido pola Área de igualdade da institución é "Pilastras da Igualdade" e con el queren salientar a forza, resiliencia e traballo das mulleres que viviron situacións semellantes á de Xulia Vázquez.