O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, puxo hoxe en valor o traballo da institución en favor da prestación de servizos de calidade a persoas maiores.
Menor participou no Centro Cultural Marcos Valcárcel na xornada de traballo centrada nesta temática e que organiza a Fundaci´´on Democracia y Gobierno Local que contou coa presencia do seu presidente Alfredo Galán.
Menor explicou que a realidade demográfica da nosa provincia é a dun territorio envellecido polo que "a Deputación, na sua obriga de asistencia técnica, económica e financieira ás entidades locais de menos de 20 mil habitantes, ten moi presente a cofinanciación e a prestación de servizos ás persoas maiores dos nosos pequenos concellos".