O presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, mantuvo unha reunión de traballo co presidente da Deputación Provincial, Luis Menor, con quen abordou proxectos como a construcción dunha cidade deportiva nas inmediacións do parque tecnolóxico sobre unha superficie de máis de 100 mil metros cadrados.
Sobre a mesa outras reivindicacións que requiren de acordo coa administración central como o dunha estación de mercadorías no polígono industrial de San Cibrao das Viñas.
Asemade ambos mandatarios abordaron a reivindicación dun novo xulgado contra a violencia de xénero; abordar a construcción dun novo centro de saúde en Mariñamansa; seguir desenvolvendo novas fases do parque acuático ou facerse cargo do déficit de explotación da estación de montaña de Cabeza de Manzaneda.