Seguridad Vial

Detida tras disfrutar do Xoves de Comadres en Verin

Está acusada de 5 delictos pola garda civil

Paco Sarria

Ourense |

Guardia Civil de Tráfico
Guardia Civil de Tráfico | OC

A garda civil de Ourense detivo en Verín a unha conductora que se fugou dun control policial durante máis de 20 kilómetros.

Os feitos coñecidos hoxe ocorriron o venres 28 de febreiro con motivo da celebración do xoves de Comadres que, en Verin, goza de moita tradición.

A garda civil dispuxo un control de alcohol e drogas na estrada Nacional 525 e observou como un turismo eludíao control adiantando ós coches detidos na marxe esquerda. A conductora fixo caso omiso ós sinais para deterse e o axente tivo que saltar e apartarse para non ser alcanzado cando a muller acelerou.

Inmediatamente produciuse unha persecución durante a que o coche perseguido realizou adiantamente cando outros coches circulaban en senso contrario e tentou en varias ocasións cambiar o sentido da marcha.

Finalmente foi detida e está acusada de 3 delictos contra a seguridade vial, un delicto de desobediencia e un delicto de atentando contra axentes da autoridade.