O concelleiro de Servizos do Concello de Ribadavia, Juan Carlos Fernández, do Partido Popular foi detido por violencia de xénero, sendo posteriormente posto en liberdade con cargos e con orden de alonxamento da sua parella.
Fernández foi detido pola Garda Civil e sometido a xuizo rápido.
Responsable tamén de Parques e Xardíns na capital do Ribeiro, foi o número 6 na lista popular nas pasadas municipais de maio na que os populares obtiveron a maioría absoluta con sete edís.