O fogar do transeúnte de Ourense conta dende hoxe cunha peculiar árbore de nadal feita con caixas de cartón nas que dez artistas ourensáns plasmaron as suas aportacións para contribuir ao obxectivo de dar maior visibilidade ás persoas sen fogar e para que os usuarios deste albergue síntan un ambiente máis familiar nestas datas.
A proposta partíu da concellería de servizos sociais e contou ca participación de Baldomero Moreiras, Alberto Vázquez Mazaira, José Manuel Moxón, Ángel Soldevilla, Luís Vecino, Tareixa Taboada; Cristina de Pádua, Isabell Seidel, Alejandro Cantón e Ana Ferreiro.
A inauguración correu a cargo do alcalde Xesús Vázquez e da edil de Servizos Sociais, Sofía Godoy.
O fogar conta na actualidade dunha veintena de camas e un grao de ocupación do 100%