O edil de urbanismo do concello de Ourense, Francisco Lorenzo, foi sancionado pola policía local ourensá con 1700 euros e a retirada de 6 puntos do carnet de conducir por presunta conducción temeraria relacionada co sinistro no que se víu implicado o pasado 18 de xullo cando o seu vehículo levou por diante un valado na rua Vicente Risco, fuxindo do lugar sen que puidera ser identificado.
O BNG tivo acceso ó expedente e pregunta ó Alcalde por que non cesou a Lorenzo por feitos que consideran "graves" e tamén piden ó PP que deixe de ser "cómplice" de Democracia Ourensana.
Os nacionalistas explican que a multa son dúas sancións administrativas. Unha de 200 euros por non colaborar cos axentes da policía local, e outra de 500 euros con retirada de 6 puntos, triplicada ata os 1500 por non identificar ó conductor.
Parellamente é tramitado un expedente polos danos patrimoniais ocasionados ó mobiliario urbán.