O acordo da remuda proposto esta semana pola executiva provincial foi ratificado nas últimas horas nunha xuntanza dos deputados provinciais nos que cinco se pronunciaron a favor e dous en contra. Os contrarios ao cambio foron Isabel Gil e Vicente Gómez, este último tamén advertido da posible apertura dun expedente. Á xuntanza non asistiu o xa cesado Francisco Fraga que de momento manterase no escano.