Integración

Equipo Down Ourense campión da liga española de debate

Foron recibidos polo Alcalde de Ourense

Paco Sarria

Ourense | 27.06.2024 11:50

Equipo Down Ourense campión da liga española de debate
Equipo Down Ourense campión da liga española de debate | onda cero ourense

O equipo de Down Ourense, recentemente entrevistado en Más de Uno, foi o campión da liga española de debate "Yo tengo opinión". Os integrantes do equipo e seus monitores foron recibidos polo Alcalde, Gonzalo Pérez Jácome quen os felicitou manifestando que o logo é "extraordinario, por que que Ourense gañe un premio nacional non é doado, así que é unha auténtica ledicia que enche de orgullo a cidade".

O equipo está formado por Mikel Pan Vaquero, Laura Gil Requejo, Edwion Varela Morales, Pablo Varela álvarez, Álvaro Nóvoa Justo, Saúl Álvarez Rodríguez e Francisco Diz Bañuelos.

Como formadores participaron Brais Durán Taboada e Elena Vaamonde Salgado.