Centos de estudantes ourensáns participaron nunha xornada de folga convocada a nivel estatal polos sindicatos estudantís para "reclamar o fin do machismo nas aulas".
Durante as protestas nas ruas da capital reclamaron máis recursos para impartir unha materia de educación sexual "avaliable e obrigatoria" tanto en centros públicos coma privados. Os estudantes demandaron ademáis que se eliminen os regulamentos internos dos centros de estudos que recollan calquera referencia machista ou represiva e tamén que haxa medidas disciplinarias contundentes contra mestres que teñen actitudes sexistas ou machistas