Conmemoración

Exhibición de Policía Nacional a escolares

Asistiron 2500 escolares da provincia

Paco Sarria

Ourense |

Exhibición de Policía Nacional a escolares
Exhibición de Policía Nacional a escolares | onda cero ourense

O subdelegado do Goberno en Ourense, Eladio Santos, acudiu este venres á exhibición que distintas unidades da Policia Nacional realizaron para escolares no pavillón Paco Paz de Ourense e á que asistiron máis de 2500 nenos e nenas de diversos colexios da provincia.

Na exhibición, que se enmarca nos actos con motivo do Bicentenario da Policía Nacional e no Plan de Convivencia e Seguridade nos Centros Escolares da Subdelegación, participaron axentes das unidades de medios aéreos, guias caninos, TEDAX (explosivos), GOES,GOR(motos), defensa persoal, policia cientifica e Subsuelo, aos que o subdelegado agradeceu o seu labor para facer da provincia de Ourense unha das máis seguras de Galicia e do conxunto do Estado español.