Vive a túa propia historia con Gadasa

XI Festa do Cocido en Sampaio de Maside

O xantar popular será o domingo 26, a partir das 14 horas, en carpa pechada e con calefacción.

Onda Cero Ourense

Ourense | (Publicado 24.01.2020 11:58 )

Festa do Cocido de Sampaio (Maside) | Onda Cero Ourense

Os veciños de Sampaio de Maside organizan por 11º ano consecutivo a Festa do Cocido, dentro da súa tradicional romaría na honra de San Pablo.

Os festexos completos exténdense durante a fin de semana do 25 e 26 de xaneiro. Dando comezo o sábado con dúas misas (ás 11 e 12:30 horas na honra do seu patrón) seguidas pola tarde de animación intantil e verbena animada por Kien lo Diría e a orquestra Olympus.

[[DEST:Festa do Cocido]]

Xa o domingo, a xornada comeza con pasarrúas e misas dende as 9 da mañá, para continuar coa misa solemne ás 13 horas. Unha hora despois será o xantar popular da XI Festa do Cocido, que terá lugar en carpa pechada e con calefacción, e no que os asistentes poderán desfrutar dun completo codido por 18 euros por persoa. Para acudir á comida é imprescindible facer reserva previa nos teléfonos 659 937 368 e 600 858 073. Un grupo musical será o encargado de animar a festa tralo xantar.

Vive a túa propia historia | Gadasa