O pobo de Purdeus, no Concello de Parada de Sil, celebra este sábado 16 de novembro a VIII Festa da Pisa da Castaña, que conmemora unha das súas labores máis tradicionais desta zona da provincia.
O festexo arranca ás 11 da mañá coa apertura da VIII Feira de Produtos Locais, que contará con casetas de venda de viños, cervexas, marmeladas, queixo, pan, bica, etc.
Media hora máis tarde, ás 11.30 horas, terá lugar a recreación da pisa da castaña, na que os asistentes poderán contemplar o proceso tradicional da preparación das castañas secas.
Xa ás 14 horas dará inicio o xantar popular da castaña, no que se poderá degustar un menú composto de empanada, polbo, carne ao caldeiro, postre típico de castañas, viño e café, por 12 euros por persoa.
[[DEST:Entrevista a Aquilino Rodríguez, alcalde de Parada de Sil]]
Debido a que o aforo é limitado, os interesados en asistir a este xantar deben facer a súa reserva no 689 683 713 ou no correo electrónico turismo@paradadesil.es.