A romaría máis grande de Galicia; a Festa do Pulpo do Carballiño; busca este domingo bater tódolos récords. O parque municipal carballiñés acollerá esta LXII edición adicada nesta ocasión ó Ribeiro e coincidente esta semana co irmanamento coa cidade italiana de Noventa Padovana que tamén ten en outubro a sua particular Festa do Folpo.
Como prolegómenos 80 peñas participan o sábado no concurso de camisetas que recupera o tradicional desfile, repartíndose 600 euros en premios nesta XXIV edición. O concurso permitirá a elección da camiseta oficial da Festa.
As Festas do Pulpo levan dúas semanas de celebracións e contarán o domingo con variada música ademáis do xantar popular no que serán degustadas toneladas do prezado cefalópodo cociñado ó estilo feira.