Ourense de festa en festa

Festas na provincia de Ourense do 29 de xullo ao 4 de agosto

As tradicionais festas do pemento de Arnoia e Oímbra, así como a procesión da Ramallosa en Celanova ou a Festa das Sopas do Burro Canso e Galo Pica no Chan de Muíños, catro das citas máis destacadas desta semana na axenda festiva da provincia de Ourense.

ondacero.es

Ourense | (Publicado 29.07.2019 11:18 )

Ourense de festa en festa | Onda Cero Ourense

Santa Ana de Vilanova en San Cibrao das Viñas

Do 27 ao 29 de xullo

Os grupos Marfil, Alma Latina e Lume, así como discoteca móvil e a Banda Municipal de San Cibrao das Viñas, poñerán a nota musical nas festas de Santa Ana de Vilanova, nas que non faltarán os tradicionais actos relixiosos.

Sagrado Corazón e Neno Jesús de Feás en Boborás

Do 27 ao 29 de xullo

As orquestras Panorama e Olympus (os días 28 e 29, respectivamente) son a cabeza de cartel das festas de Feás en Boborás, nas que non faltarán outras actuacións musiciais como a da Banda de Ramirás e Celanova, e os DJ´s Congui e Tibu.

Santa Marta de Velle en Ourense

Do 25 ao 30 de xullo

Os asistentes ás festas deste ano de Santa Marta de Velle poderán participar nos numerosos actos relixiosos programados, así como gozar de diversas actuacións musicais como as do dúo Marathon, o grupo PK2, a charanga Castro Bello e as orquestras Charleston (29 xullo) e Panamá (30 de xullo), entre moitas outras.

San Félix de Galez en Entrimo

Do 31 de xullo ao 2 de agosto

O mércores 31 darán comezo os festexos coa tradicional tirada de fotos á medianoite, seguida da actuación da discoteca móvil Show Tournee. Xoves e venres haberá misa solemne de mañá e a verbena será amenizada pola orquestra Miramar (1 de agosto) e orquestras América e Finisterre (2 de agosto).

San Fiz en Vilar de Barrio

Do 1 ao 4 de agosto

Actos relixiosos e as actuacións musicias da charanga Támega ou as orquestras Nevada, La Ola ADN e Nazaret, entre o máis destacado do programa de festa de Vilar de Barrio.

Nosa Señora dos Anxos de Trelle en Toén

Do 2 ao 4 de agosto

Trelle (Toén) organiza as súas festas na honra da Nosa Señora dos Anxos nos que non faltarán os actos relixiosos, pero tampouco a boa música, a cargo do grupo Iris ou as orquestras Fin de Siglo e Espiga. Ademais, haberá hinchables para os máis pequenos e tamén as tradicionais olimpiadas populares.

Festas das Neves en Zarracós de A Merca

Do 2 ao 4 de agosto

O venres 2 haberá festa e xogos infantís a partir das 18 horas e música variada dende as 21 horas.

O sábado 3 terá lugar a tradicional misa solemne, así como partido amistoso de fútbol 7 ás 19 horas e actuación da orquestra Fin de Siglo dende as 22.30 horas.

Xa o domingo haberá de novo misa ás 13 horas, e pola tarde disputarase o tradicional Torneo de chave, seguido a actuación da orquestra Ritmo Noche (co sorteo de 300 euros en efectivo durante o seu descanso) e a gran queimada á 1:30 horas.

XL Festa do Pemento en Arnoia

Do 2 ao 4 de agosto

A Festa do Pemento de Arnoia é, sen dúbida, das citas gastronómicas marcadas en vermello nas axendas dos ourensáns e visitantes que percorren a provincia nestes días. Os festexos deste ano comezarán o venres 2 de agosto con degustación de pementos dende as 21.15, pregón a cargo do actor e humorista Touriñán ás 21.45 e actuación da orquestra París de Noia dende as 23.30 horas.

O sábado 3, xunto á degustación de pemento tanto á hora da comida como da cea, haberá Concentración de vehículos clásicos ás 10:30 horas, festa infantil pola tarde e a actuación da orquestra New York dende a medianoite e discomóvil Troula con DJ Tribu, entre outras actividades.

Xa o domingo, disputarase a V Carreira Popular 8.000 varas de Arnoia ás 10 da mañá, seguida da tradicional misa solemne. Pola noite actuarán os grupos Brañas Folk e A Roda. Por suposto, a degustación de pementos continuará durante toda esta xornada para o deleite dos asistentes.

Santo Estevo de Untes en Ourense

Do 2 ao 4 de agosto

Untes bailará ao son de variada música durante as súas festas de Santo Estevo. Non faltarán as actuacións dos tríos Fussión e Manhattan e as orquestras Los Troadores e Superfama. Ademais, tamén completan a axenda os numerosos actos relixiosos previstos do 2 ao 4 de agosto na localidade.

Virxe da Encarnación – Procesión da Ramallosa en Celanova

3 e 4 de agosto

A vila de San Rosendo non faltará á cita coa súa tracional Ramallosa, un desfile nocturno de farois, que terá lugar este ano o sábado 3 de agosto como sempre ás 23 horas, e que en cada edición congrega a milleiros de persoas procedentes de diversos puntos da xeografía ourensá. Música e atraccións para os cativos completan o programa festivo de Celanova durante toda esta fin de semana.

Carqueixa Rock & Folk en Laza

3 de agosto

A edición 2019 do festival Carqueixa Rock & Folk de Laza trae como cabezas de cartel aos grupos Félix e Castor Castro, Milladoiro e Nao. Os concertos serán de balde a partir das 23 horas en Souteliño (Laza).

Antes, haberá actividades para os máis pequenos dende as 17:30 horas, con circo e contacontos; e cea popular ás 21 horas na zona da acampada (entradas á venda nos bares de Laza e Souteliño ata o 1 de agosto por 15 euros).

XXXI Festa das Sopas do Burro Canso, III do Becerro do Xurés ao espeto e XV Festa Galo Pica no Chan en Muíños

3 de agosto

A xornada dará comezo ás 10 co IV Campionato Galego de Carrilanas e a Expo-Raia de Artesanía. Tamén pola mañá haberá xogos populares infantís. E xa ás 14 horas será o tradicional xantar popular cun menú composto por empanada de "galo pica no chan", becerro do Xurés ao espeto, pan, auga, viño, café, chupito e bica de Muíños.

Pola tarde, continuarán os xogos populares e a partir das 20 horas haberá degustación de sopas do burro canso e torradas de viño e leite. Pola noite, ás 22.30 actuará a orquestra Ritmo Joven e terá lugar o XI Muiños Dance no complexo turístico de O Corgo coas actuacións de Pablo Méndez, Pablo CM, Eva Lede Artist, María Caamaño, Galicia Army, e os DJ´s Adrián Fernández, Annita Yes, Siberia-Marcos Areas, Joao Dias, Richar e Fonsi Fernández.

Ademáis, haberá hinchables e acuáticos para os máis pequenos instalados durante todo o día.

XXIII Festa das Covas en Vilamartín de Valdeorras

3 de agosto

Na Festa das Covas os visitantes poderán facer unha ruta de preto de 2 quilómetros por medio cento das máis de 200 covas que hai en Vilamartín de Valdeorras. Co fin de que descubran estas construcións tradicionais e as adegas situadas á súa entrada. Cada visitante, coa súa entrada recibirá unha taza de barro e un paño conmemorativo para percorrer todas as covas. En cada adega será convidado a pinchos típicos da zona, así como auga, refrescos e, por suposto, viño.

As entradas están á venda, por 12 euros, en www.ataquilla.com.

XXII Feira do Pemento en Oímbra

4 de agosto

A semana péchase con outra das citas gastronómicas ineludibles, a Feira do Pemento de Oímbra. Como é tradicional empezará a xornada, o domingo 4 de agosto, co Concurso de Pratos de Cociña dende a base de pemento dende as 12. E ás 14 horas será o momento do xantar popular. Ás 19 horas actuará a orquestra Daniela Dicota e o grupo Black Stereo. E durante todo o día haberá, como non, degustación de pementos, mostra de artesanía, e hinchables e xogos populares para os máis pequenos.