Ourense de festa en festa

Festas na provincia de Ourense do 22 ao 28 de xullo

Diversos municipais da xeografía ourensá rinden homenaxe nesta semana a Santiago Apóstol. Actos relixiosos, actuacións musiciais e actividades para os máis pequenos compoñen os programas festivos de todos eles.

ondacero.es

Ourense | (Publicado 22.07.2019 11:09 )

Ourense de festa en festa | Onda Cero Ourense

Santa María Magdalena de Becoña en Boborás

21 e 22 de xullo

Romaría de Santa Uxía de Lobas en O Carballiño

Do 21 ao 23 de xullo

O luns 22 terá lugar a tradicional misa solemne con procesión a partir das 12 do mediodía. Pola noite, a orquestra Fania Blanco Show amenizará a verbena.

O martes 23 haberá de novo misa e procesión, coa orquestra La Estación para poñer música á sesión vermú. Xa pola noite, actuará a orquestra Saudade.

Santiago Apóstolo e Virxe do Rosario de Amiudal en Avión

24 e 25 de xullo

Xunto aos tradicionais actos relixiosos na honra de Santiago Apóstolo e a Virxe do Rosario, os asistentes poderán gozar durante estes dous días de festa de moita música, a cargo das bandas Aires de Cobres, a Banda de Celanova, as pandereteiras Árdelle o Eixo, a cantante Pili Pampín, a discoteca móvil Euphoria e a orquestra Charleston Bing Band, entre outros,

Santiago Apóstolo de San Mamede en Viana do Bolo

24 e 25 de xullo

O 24 xullo, dende as 17 horas, terá lugar o tradicional xogo da rá. E a verbena será amenizada pola orquestra Nebraska e DJ Tariro.

Xa o 25, dende as 17 horas haberá de novo xogo de bolos e da rá. E a música correrá a cargo da orquestra Los Almirantes.

Santiago Apóstol y Santa Ana de Parada en Amoeiro

Do 23 ao 26 de xullo

Nesta edición, Parada acollerá durante as súas festas tradicionais as actuacións musciais das orquestras Olympus e La Fórmula, o grupo Tattoo e a cantante Tania Veiras.

Ademais, haberá xogos infantiles e unha xuntanza de coches clásicos.

Santiago Apóstol y Santa Ana de Borrán en Vilar de Barrio

Do 25 ao 27 de xullo

Campionato de Tute e as actuacións musicais das orquestras Funçao Publika, Aché, La Fórmula e Eureka, entre as actividades máis destacadas do programa das festas 2019 de Santiago Apóstol e Santa Ana de Borrán en Vilar de Barrio.

Santa María Magdalena e Virxe dos Milagres de Freáns en Padrenda

Do 25 ao 27 de xullo

O municipio de Freáns, en Padrenda, acolle nestes tres días de festa diversos actos relixiosos e degustacións de callos, pementos e sardiñas, xunto a numerosas actuacións musiciais entre as que destacan as das orquestras La Potencia, Ritmo Joven e a discoteca móvil La Grámola, entre outros.

XII Entroido Quente e Rali do Humor en Maceda

27 de xullo

A partir das 13 horas, coa sesión vermú, dará comezo esta celebración, que acollerá a partir das 17 horas co rali do humor e dende as 20 horas, a actuación da charanga BCB.

Dende as 23 horas disputarase a Final da Batalla de Galos de Maceda e a partir da medianoite, na zona de acampañada da piscina municipal, serán os concertos de Los Vecinos del Callejón, Festicultores Troupe e Mad Martín Trío.

Festas de Santiago Apóstol e Santa Ana de A Ponte en Ourense

Do 23 ao 27 de xullo

O día 23 destaca no programa de festas a actuación da orquestra Panorama.

Xa o 25, será o turno da orquestra Marbella e a tradicional tirada de fotos artificiais dende as 23:30 horas.

Por último, o 27 de xullo haberá festa da espuma para os máis pequenos dende as 17 horas no parque da Ribeira de Canedo (ao carón da ponte Vella) e para os maiores, o festival Ponterock a partir das 22:30 horas.

II Holi Pulpo en O Carballiño

27 de xullo

Este sábado 27 de xullo, O Carballiño acollerá a segunda edición da Holi Pulpo, unha carreira non competitiva (con 1,2 km de distancia) que percorrerá as rúas da vila, durante a cal os participantes serán coloreados con polvos de cores ecolóxicos.

Dende as 15 horas haberá festa na pista Roxa, e ás 17 horas será a quenda da carreira, para seguir cun festival musical no que estará presente DJ María.

O prezo da entrada é de 10 euros e inclúe camiseta, mochila, pañoleta e bolsa con 100 gramos de pintura en polvo. Os interesados poden mercar a súa entrada en Ourense (4 Elementos e Cafetería Vagalume), Carballiño (Cafetería Loft 27, Apartahotel Arenteiro, Littel Galicia e nas piscinas municipais), Ribadavia (La Parra) e Verín (The Monkey Time).

San Pedro Fiz de Pardeconde en Xunqueira de Espadanedo

Do 26 ao 28 de xullo

O venres 26 comezará a festa coa cea popular ás 21 horas, seguida de karaoke e discoteca móvil con festa dos anos 80.

O sábado pola mañá haberá Torneo de Tute, a patir das 18 horas, mundialito de fútbol sala mixto e ás 23 horas actuación do grupo Alkar.

Dende a 1 da madrugada actuará a cantante Pili Pampín e ás 4 haberá carreira de carretilla con pasaxeiro.

Xa o domingo, ademais da misa solemne con procesión ás 12 do mediodía, haberá pola tarde festa da espuma e hinchables acuáticos para os máis pequenos. Así como, a actuación da orquestra La Ventana ás 19 horas e monólogo do actor Sergio Pazos dende as 21 horas.

San Pantaleón de Garabás en Maside

27 e 28 de xullo

No programa de festas de Garabás (Maside) destaca a actuación das orquestras Kubo e Televisión, o grupo La Misión e a cantante Mercedes Ben Salah. Ademais, haberá hinchables, festa da espuma e xogos populares para que os máis cativos tamén disfruten desta celebracón.

Santa Ana de Vilanova en San Cibrao das Viñas

Do 27 ao 29 de xullo

Os grupos Marfil, Alma Latina e Lume, así como discoteca móvil e a Banda Municipal de San Cibrao das Viñas, poñerán a nota musical nas festas de Santa Ana de Vilanova, nas que non faltarán os tradicionais actos relixiosos.

Sagrado Corazón e Neno Jesús de Feás en Boborás

Do 27 ao 29 de xullo

As orquestras Panorama e Olympus (os días 28 e 29, respectivamente) son a cabeza de cartel das festas de Feás en Boborás, nas que non faltarán outras actuacións musiciais como a da Banda de Ramirás e Celanova, e os DJ´s Congui e Tibu.

Santa Marta de Velle en Ourense

Do 25 ao 30 de xullo

Os asistentes ás festas deste ano de Santa Marta de Velle poderán participar nos numerosos actos relixiosos programados, así como gozar de diversas actuacións musicais como as do dúo Marathon, o grupo PK2, a charanga Castro Bello e as orquestras Charleston (29 xullo) e Panamá (30 de xullo), entre moitas outras. Ademais, celebrarase a IV Concentración e ruta de clásicos no Campo do Outerio, o día 25 a partir das 11 da mañá.

Festas de Sobrado en Gomesende

26 e 27 de xullo

As actuacións da orquestra La Estación (o 26) e da orquestra Aché (o 27) poñerán a nota musicial ás Festas de Sobrado en Gomesende.

XXXV Mostra Internacional de Teatro en Ribadavia

Do 18 ao 27 de xullo

Recoñecidas compañías de teatro chegadas dende Valencia, Cataluña, Madrid, Castela León, Galicia, Arxentina, Francia e México daranse cita en Ribadavia do 18 ao 27 de xullo durante a XXXV Mostra Internacional de Teatro.

As máis de 20 representacións que compoñen o programa desta edición terán lugar en diversos emplazamentos, como o Auditorio do Castelo, o Auditorio Manuel María da Casa da Cultura, a Alameda ou a praza Maior.

Os interesados poden adquirir as súas entradas no seguinte enlace.

E consultar o programa completo en www.mitribadavia.com.

Ourense de festa en festa | Onda Cero Ourense