A fiscalía considera irregular que o Alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, cobre un salario como adicación exclusiva do Concello e ó mesmo tempo da sua empresa Jolper.
O ministerio público ve nelo unha infracción do réxime de incompatibilidades “que deberá ser depurada” pola administración municipal, ó tempo que insta a informar á Fiscalía do Tribunal de Contas por si de esa irregularidade se derivara algún tipo de responsabilidade contable.
De igual xeito a Fiscalía remitíu ó Concello de Ourense as dilixenxias instando a depurar esta situación irregular e que podería implicar a retirada do soldo ou a levar a pleno a compatibilidade das suas actividades.