Gadis

Gadis reparte 40.000 € para poñer en valor o entroido galego

O concurso “O meu entroido é o mellor!” xa ten gañador: o Concello de Verín; en segundo e terceiro lugar quedaron Foz e Xinzo de Limia

Óscar Gómez

Ourense |

Entroido Verin | onda cero

Supermercados Gadis xa ten gañador para o seu concurso “O meu entroido é o mellor!”: o Concello de Verín. O premio, que ascende a 30.000 euros, permitirá facer un entroido aínda mellor. Esta festa vívese con moita intensidade nas rúas desta localidade ourensá, que cada ano atrae a miles de visitantes durante a súa celebración.

O concello de Foz e o de Xinzo de Limia quedaron en segundo e terceiro lugar, respectivamente. Cada un deles recibirá 5.000 euros, que tamén serán empregados na celebración dos entroidos do ano que vén. En total, Supermercados Gadis reparte 40.000 euros.

Gadis felicita aos gañadores de “O meu entroido é o mellor!” e anima aos seus clientes a disfrutar dunha experiencia inesquecible nestes municipios o próximo mes de marzo, nos que as comparsas e os disfraces encherán as rúas de cor e de música.

O obxectivo deste concurso, no que participaron municipios das catro provincias galegas, é poñer en valor a singularidade dunha das manifestacións culturais e festivas máis tradicionais e arraigadas nesta comunidade, que sirve de atracción turística para milleiros de visitantes nacionais e internacionais, contribuíndo a un maior coñecemento máis alá das nosas fronteiras. E tamén para promocionar a gastronomía galega cos productos típicos do Entroido, como o tradicional cocido desta terra, coas súas patacas, grelos, repolos, garavanzos e a mellor carne de porco, así como as filloas, orellas e rosquillas.

Supermercados Gadis agradece aos miles de clientes que participaron nesta novidosa promoción a través da web www.gadis.es/entroido, onde se podía votar de forma online. Unha acta notarial do 11 de decembro recolle o resultado dos votos:

1- Concello de Verín: 13.993

2- Concello de Foz: 11.587

3- Concello de Xinzo de Limia: 468

O apoio de Gadis ás tradicións culturais, sociais e festivas de Galicia é unha constante ao longo do ano. Nestas datas, colabora con multitude de concellos, asociacións, colexios e eventos gastronómicos como a popular Feira do Cocido de Lalín, a Festa Choqueira da Coruña e a Festa da Filloa de Lestedo, entre outras.