A Unidade Orgánica da Policía Xudicial da Garda Civil de Ourense dn operación conxunta coas policías xudiciais de Pontevedra e Lugo detiveron a 4 persoas como presuntas autoras de ata trece delictos de roubo con forza nas cousas cometidos en 3 das 4 provincias galegas.
Trátase da Operación Jericó, na que os detidos foron sorprendidos in fraganti o pasado 19 de decembro en Tuy, cando se dispuñan a entrar nunha vivenda.
No marco deste operativo a Garda Civil realizou dous rexistros domiciliarios, incautando varias xoias e efectos que relacionan ós detidos cos roubos investigados.
A operación está dirixida polo xulgado de instrucción do Carballiño