O goberno municipal do Concello de Ourense aprobará este venres en xunta de goberno o Plan de Estabilización de Emprego Temporal, mantendo os criterios de desempate previamente establecidos.
Así o avanzou o Alcalde quen lembrou que foron habilitados no pleno do mércores 20 millóns de euros en modificacións de creto grazas a abstención do PP, tras unha negociación con este partido, atendendo á sua esixencia de manter ese criterio de desempate que sempre beneficiaría ó traballador que fose do Concello.
Advirte Jácome que dos 104 traballadores que estabilizarán, unas 5 ou 10 persoas poderían verse afectadas polo feito de que funcionarios doutras administración con máis de 17 anos de antigüedade computasen máis méritos.
En todo casi incide en que preferirían outro criterio, pero aceptan o “ben superior” que neste caso é desbloquear a xestión do Concello con 20 millóns de euros. E suxiere que “ata podería darse o caso de que ningún funcionario doutras administración quixera trasladarse ó Concello”.