Goberno e oposición discrepan na valoración das festas de verán.
Para o goberno de Pérez Jácome foron un “éxito absoluto”, salientando o alto grao de participación do público nas actividades programadas.
A este respecto o Alcalde, Pérez Jácome, subliña que todas as propostas festivas acadaron o seu obxectivo, dando as grazas ós cidadáns por que “son os auténticos protagonistas que fixeron posible este éxito”.
Non opina o mesmo o grupo municipal socialista para quenes o balance dos festexos é negativo por que así o foi para a hostelería da praza Maior, os feirantes, a cidadanías e a contorna do Parque Barbaña.
Lembran os socialistas que houbo queixas de varios sectores polo emprezamento do mercado medieval, e polas perdas económicas, como tampouco foi axeitado o lugar elexido para a festa de cores polo lixo e o plástico xerado.