O grupo agroindustrial ourensá “Coren” desenvolverá en 2019 un plan que permitirá a creación de 325 postos de traballo estables en Ourense cunha inversión que ascenderá aos 26 millóns de euros.
O grupo asume un compromiso na producción de alimentos galegos de calidade, co desenrolo sostible e ca creación de riqueza no campo asumindo novos retos e innovación tecnolóxica.
O plan foi presentado polo presidente do grupo Coren, Manuel Gómez Franqueira e polo presidente da Xunta Alberto Núñez Feijoo. O titular do executivo autonómico salientou que o investimento da comunidade en investigacion e desenrolo medrou en Galicia o doble que en España.
O plan de Coren para o vindeiro ano, terá tres pilares. Nos centros de procesado continuarán ca innovación tecnolóxica 4.0 tanto en procesado, transformación coma loxística. Tamén se prevé a posta en marcha de novos centros de incubación e selección xenética en avicultura e, en paralelo, iniciarán un proxecto agrario de producción ecolóxica con cultivo de trigo "ecolóxico" nunha parcela dunhas 350 hectareas en Cualedro co que a cooperativa ourensá pretende seguir na liña de rexeneración de montes queimados e continuar potenciando a recuperación de bosques de castaños para a sua gama selecta. De feito, o pasado ano Coren consumiu uns 4,5 millóns de quilos de castañas que supuxeron unha inxección económica no agro duns 7 millóns de euros.