Tra-lo anuncio do Alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, do interese dun accionista que compraría as accións do Grupo Hereda no COB por 170 mil euros, esta empresa sinala que sería a cuarta parte do seu prezo.
Nun comunicado no que o Grupo Hereda explica as accións realizadas na xestión do Clube Ourense Baloncesto, fala tamén de “coaccións” do rexidor municipal ó representante da empresa, Pedro Fernández para que cubrise un aval e lembra que son os accionistas maioritarios da entidade deportiva con maioría absoluta e engaden textualmente que “nin o Concello nin a Deputación son ninguén para intentar unha nova estafa a outro posible inversor sobre un clube que o Grupo Hereda xa adquiríu e sobre o que agarda que os tribunais o entreguen novamente ó seu lexítimo dono.
Comunicado Oficial de Grupo Hereda sobre la situación con @COBSAD#cob#ourense#leboro@DeputacionOU@OurenseConcello@BNGOUrense@PPdeOU@PSdeGdeOurense@DemOurensana@publico_es@lavozdegalicia@LaRegionhttps://t.co/LETPdGLkU3
— Grupo Hereda (@GrupoHereda) May 13, 2024
Por ultimo sinalan nun comunicado de prensa que “no se permitirá que el Alcalde de Ourense vuelva a perjudicar al COB, al que ya le negó el sueño de la ACB y sigue queriendo hacer desaparecer este club histórico”.