Jesús Vázquez Abad salienta que “buscamos todos os mecanismos ao noso alcance, a través da cooperación institucional, para traballar en positivo dando solucións aos problemas que lles importan e preocupan aos veciños e veciñas” e matiza que “gracias a este xeito de traballar, será a terceira zona verde singular dun barrio da cidade que remodelamos e melloramos cun marcado espíritu inclusivo, para o uso e disfrute desta zona pública por parte de todas as persoas” A través dun proxecto redactado íntegramente polos técnicos municipais de Infraestruturas e Medio Ambiente, reformaranse e melloraranse os equipamentos e infraestruturas existentes, incorporando xogos infantís, elementos de ocio compartido, equipamentos biosaudables e mobiliario urbano, dotándoa dunha nova e moderna instalación de alumeado público Tamén se mellorará a accesibilidade (rebaixes de beirarrúas, pavimentos diferenciados, mobiliario adaptado, xogos inclusivos), rehabilitando o firme existente das beirarrúas da praza e a súa zona de influencia debido ao seu avanzado estado de deterioro Ampliaranse alcorques de arboreda viaria, podando raices que ocasionen danos a firmes e pavimentos, repoñendo árbores deterioradas ou desaparecidas e reordeando a praza destinada a aparcamento, optimizando o seu trazado para aumentar, coa mesma superficie, un maior número de prazas de estacionamento, xa que se trata dun dos problemas máis salientables desta zona da cidade.