Ourense Cidade

Jesús Vázquez sintese engañado cos presupostos do Estado

Á falta de repecto institucional a Ourense, por deixar sen efecto o compromiso dado hai unha semana coa variante Norte, súmase o desprezo aos proxectos pendentes coa cidade

ondacero.es

Ourense | (Publicado 15.01.2019 08:00 )

Jesús Vazquez, alcalde de Ourense | onda cero

Estamos ante un engano premeditado sen precedentes. Á falla de respecto institucional a Ourense, por deixar sen efecto o compromiso dado hai unha semana coa Variante Norte, súmase o desprezo aos proxectos pendientes coa cidade, como poden ser a Ponte de Tarascón ou o paso de Ramón Puga, sen consignación algunha. O que non se contempla nos Orzamentos, non existe. E estamos ante uns orzamentos pensados para contentar ao independentismo catalán a costa de sacrificar os intereses xerais de Ourense.

Desde o PP non o imos permitir. E solicítolle aos deputados do PSOE e das Mareas que definan se están ao carón dos intereses de Ourense e de Galicia, ou ben prefiren contentar a outros territorios a costa do noso perxuizo.