O CEO da compañía tecnolóxica ourensá Redega, Jorge Vázquez, foi distinguido co premio Victoriano Reinoso.
O galardón está outorgado pola Asociación de Empresarios Galegos en Madrid (AEGAMA).
O acto de entrega tivo lugar en Madrid e contou coa presencia do Conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, quen salientou o talento e innovación do empresariado galego.
Así mesmo o conselleiro reafirmou o compromiso da Xunta de Galicia a prol do emprendemento, promovendo "un ecosistema fértil onde agromen as ideas e se favoreza a innovación, o investimento e a internacionalización das nosas empresas".