Seguridade cidadá

PP lamenta a falla de resposta do Concello e o PSOE diante do incremento de roubos

Poñen como exemplo os últimos roubos habidos no bariio de A Ponte

Paco Sarria

Ourense | 09.09.2024 11:26

Noelia Pérez, concelleira do Grupo Municipal do PP de Ourense
Noelia Pérez, concelleira do Grupo Municipal do PP de Ourense | Onda Cero Ourense

O Partido Popular de Ourense di lamentar a falla de resposta tanto por parte do Concello como por parte do PSOE diante do incremento de roubos na cidade. Explican que houbo novos actos delictivos no barrio de A Ponte esta fin de semana en establecementos comerciais e no Museu do Ferrocarril na Avenida de Marin.

Para a edil popular Noelia Pérez os veciños transmiten "unha gran percepción de inseguridade en tódolos barrios da cidade, pero especialmente en O Pino, Tras Estación, O Vinteún e A Ponte" e lembra que advertiron desta situación hai xa un ano sen que se fixera nada por evitalo "máis que botar balóns fora".

¿Conoces el canal deOnda Cero en WhatsApp?

Únete ahora