Xunta de Galicia

Limpan o entorno dos castelos da Limia

A actuación executouse en Porqueira, Xinzo e Sandiás

Paco Sarria

Ourense | 17.09.2024 11:07

Limpan o entorno dos castelos da Limia
Limpan o entorno dos castelos da Limia | onda cero ourense

O delegado territorial da Xunta de Galicia, Manuel Pardo, comprobou o remate dos labores de roza e limpeza dos castelos da Limia na que a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude investíu 12 mil euros.

A actuación sobre as torres ubicadas en Xinzo de Limia, Porqueira e Sandiás forma parte das intervencións da Xunta de Galicia para a conservación e posta en valor do patrimonio arqueolóxico.

Pardo explicou que "o patrimonio é unha oportunidade para todos, para o seu aproveitamento cultural, a súa proxección exterior e para fortalecer a marca de país".

¿Conoces el canal deOnda Cero en WhatsApp?

Únete ahora