Municipal

Luis Seara (BNG):"O PP ten o mínimo interese en que Jácome deixe de ser Alcalde".

Menor declarou que Jácome seguirá no poder pero non gobernando

Paco Sarria

Ourense |

luis seara
luis seara | onda ceor

Un dos últimos en pronunciarse ó respecto da posibilidade dunha moción de censura en Ourense foi o presidente provincial da xestora do PP, Luis Menor, quen en declaracións ó dixital “Galicia Conficencial” dixo que “Jácome seguirá estando no poder, pero non gobernando”.

A este respecto o voceiro municipal do BNG, Luis Seara, declarou hoxe en conferencia de prensa que, á vista delo “o Partido Popular non ten o máis mínimo interese en que Gonzalo Pérez Jácome deixe de ser Alcalde” engadindo que os populares non fan máis que poner excusas.

Seara tamén se referíu á última sentencia do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia contra o Concello que deberá aprobar en pleno a xornada laboral, lembrando que non é a primeira vez que Jácome aproba en xunta de goberno un asunto que debe pasar polo pleno, e que nesta ocasión é un "tirón de orellas" do alto tribunal galego.