Incendio forestal

Un lume procedente de Portugal afecta ó parque natural do Xurés en Entrimo

De momento está lonxe dos núcleos de poboación

Paco Sarria

Ourense | 05.09.2024 11:30

Protección Civil y Emergencias alerta por riesgo de incendios forestales y por altas temperaturas en gran parte del país
Protección Civil y Emergencias alerta por riesgo de incendios forestales y por altas temperaturas en gran parte del país |

Permañece estabilizado un lume forestal procedente de Portugal (onde arderon unhas mil hectáreas) e que entrou en España polo concello ourensán de Entrimo. O lume está sendo atacado na parroquia de Venceáns, pero polo de agora, segundo o Alcalde de Entrimo Ramón Alonso, en declaracións a Onda Cero, está ainda lonxe dos núcleos de poboación.

O incendio está afectando a terreos do Parque Natural da Baixa Limia-Serra do Xurés e terían ardido unhas duascentas hectáreas..

Ata o momento foron mobilizados 15 axentes, 24 brigadas, 13 motobombas, 3 pas, 2 técnicos, 6 avións e 6 helicópteros.

Asemade permañece activo un lume na parroquia de Oimbra, no concello do mesmo nome no que van ardidas vinte hectáreas. E en Muíños, parroquia de Requiás, quedou extinguido outro lume que afectou tamén ó Parque Natural do Xurés, e no que arderon 5,26 hectáreas

A Consellería de Medio Rural lembra que está o dispor dos cidadáns o teléfono gratuíto 085 para denunciar calquera actividade incendiaria, así como o 900 815 085

¿Conoces el canal deOnda Cero en WhatsApp?

Únete ahora