Luz Casal ofrecerá un concerto en Celanova o 24 de xullo dentro do ciclo "Rock entre Pedra e Poesía" (REP2). O concerto será ás dez da noite no claustro do mosteiro de San Salvador e as entradas xa están á venda en Ataquilla.com.
Os organizadores pretenden que o rock, como unha das principais vías de expresión socioculturais do século XX, e o patrimonio arquitectónico e cultural do claustro, conxuguen á mesma altura.
Unha experiencia única que tivo como antecedente o concerto de Miguel Ríos en agosto do 2022 e os de Javier Gurruchaga coa Orquesta Mondragón e Revolver o ano pasado.