Elecciones 2019

Máis "pachistas" abandonan o PSOE

Catro edís socialistas na oposición no concello de Piñor de Cea anunciaron esta tarde seu paso ó grupo de non adscritos por perda de confianza na dirección provincial

ondacero.es

Ourense |

Francisco Fraga deixa o Psoe | onda cero

4 edís socialistas na oposición no concello de Piñor de Cea anunciaron esta tarde seu paso ó grupo de non adscritos por perda de confianza na dirección provincial. Entre eles o deputado provincial Francisco Fraga Cibeira que tamén pasa ó grupo de non adscritos na Deputación.

Fraga, quen explicou en conferencia de prensa que deixan o partido socialista despois de décadas de militancia ó non fiarse dos movementos do secretario provincial, Rafael Villarino, quen tivo varios encontros no concello co Alcalde popular e o líder do movemento veciñal, polo que considéranse desautorizados.

Si para os socialistas ésta é parte dunha operación orquestada polo "pachismo", para quenes deixan o partido en Piñor tamén.

O seguinte paso será presentarse ás eleccións auspiciados polo ex secretario xeral dos socialistas galegos e ourensáns, anque non o confirman ainda, limitándose a sinalar baixo que siglas non irán.

Cos edís que abandonan o PSOE en Piñor marchará previsiblemente a maioría da agrupación que integran unha ducia de militantes.