O Concello de Ourense reforzará os servizos de cemiterios e as liñas de autobuses que conectan os mesmos para que a cidadanía poida achegarse a honrar os seus familiares na festividade de 'Fieis Defuntos'. Así, os camposantos municipais de San Francisco, As Caldas e de Santa Mariña permanecerán abertos ininterrompidamente todos os días -incluídos festivos- de 9:00 a 19:30 horas os días. Habitualmente, estas dependencias permanecen pechadas ao mediodía durante fines de semana e festivos.
O servizo de autobuses ampliará liñas e horarios con motivo desta festividade. O xoves 31 de outubro, venres 1 e sábado 2 de novembro haberá dúas liñas especiais desde a Estación de Autobuses e desde o Vinteún cara ao cemiterio de Santa Mariña, facendo parada tamén no de San Francisco.
Os horarios son os seguintes:
Especial 1 | Especial 2 | ||
Vinteún (6ºInstituto) Saídas: 10:20 h. 12:15 h. 14:45 h. 16:30 h. | Santa Mariña Saídas: 11:30 h. 13:30 h. 15:30 h. 17:30 h. | Estación de buses 09:50 h. 11:30 h. 13:30 h. 15:30 h. 17:45 h. | Santa Mariña 10:30 h. 12:30 h. 14:30 h. 16:30 h. 18:30 h. |
Ademais destas dúas liñas, o Concello tamén reforzará a liña 11 (Santa Mariña – Oira), que subirá até o camposanto ás 11:15 horas e ás 12:30 horas o vindeiro mércores 31 de outubro.
Servizos litúrxicos pola festividade de Fieis Defuntos: No Cemiterio de Santa Mariña, o 1 de novembro haberá misas ás 12:00 e ás 17:00 horas presididas polo bispo de Ourense; o 2 de novembro, misas ás 12:00 e ás 17:00 horas.
No cemiterio das Caldas, o 1 de novembro haberá misa ás 16:00 horas presidida polo bispo de Ourense. No de San Francisco, a misa presidida polo bispo será o 1 de novembro ás 17:30 horas.