Protesta

A Marcha Mundial das Mulleres contra a incorporación dun docente condenado por abusos sexuais a unha menor

O docente foi suspendido pola Consellería de Educación este venres

Paco Sarria

Ourense | 02.09.2024 11:40

Integrantes da Marcha Mundial das Mulleres (Ourense)
Integrantes da Marcha Mundial das Mulleres (Ourense) | Onda Cero Ourense

A Marcha Mundial das Mulleres mantivo a convocatoria esta mañá no Colexio de Prácticas (antiga Anexa) dunha concentración de protesta para impedir a incorporación á docencia de Martiño Ramos Soto, condenado por abusos a unha menor.

A movilización non foi desconvocada pese a que a consellería de educación anunciou o venres a suspensión provisional do profesor por razón de procesamento ou condena penal.

Insisten dende a Marcha en que non pode regresar á docencia tras ser condenado en xullo pasado a 13 anos de cárcere e a 21 de inhabilitación.

En declaracións a Más de Uno Ourense, de Onda Cero, a voceira do colectivo, Antía Pousa explicou que mantiveron a mobilización para denunciar a "inacción" da Xunta, calificando de "milagre" a decisión das autoridades educativas adoptada in extremis.

¿Conoces el canal deOnda Cero en WhatsApp?

Únete ahora