Viño

Marcos Prada novo presidente da D.O Valdeorras

Foi ata o de agora vicepresidente do Consello Regulador

Paco Sarria

Ourense |

Uvas maduras en vendimia DO Valdepeñas
Uvas maduras en vendimia DO Valdepeñas | Mari Ángeles Díaz-Madroñero Guijarro

O Consello Regulador de Denominación de Orixe Valdeorras nomeou a Marcos Prada Ginzo como novo presidente nun pleno extraordinario urxente.

Aceptada a demisión de Ramón Rodríguez Castellanos, o nomeamento foi aprobado sen ningún voto en contra.

Prada coñece o terreo xa que foi vicepresidente no anterior mandato e ocupaba o mesmo cargo no actual.

É licenciado en Administración e Dirección de Empresas pola Universidade de Santiago de Compostela e posúe un MBA na mesma materia, así como é experto en márketing dixital e ecommerce no sector vitiviñícola pola Galicia Business School.

Dende o 2010 é xerente da adega Melillas e Fillos de A Rúa que elabora a marca “Lagar do Cigur”.