Laboral

Medra lixeiramente o paro en Ourense en contra da tendencia estatal

Ourense remata fevreiro con 22 parados máis

Paco Sarria

Ourense |

Paro
El paro bajó en Galicia en el pasado mes de octubre en 389 personas. | Libre de derechos

O paro medrou en Ourense en contra da tendencia de fevreiro en España e no resto de Galicia.

O incremento iso si foi dun 0,2% o que supón 20 parados máis arroxando unha cifra total de desempregados de 14.411 dos que 9 mil perciben prestacións.

Iso si, o paro baixa en Ourense en relación co mesmo mes do ano pasado un 6,2%.

Entre os máis mozos o paro sube un 3,6 pero baixa casi un 7% en relación ó ano pasado.

E por sexos o paro baixa unj 0,3% entre os homes e sube un 0,5% entre as mulleres co que estas representan un 57,2% do paro.

Por sectores o paro descende na construcción pero sobe en industria e servizos anque en porcentaxes mínimas.

No conxunto de Galicia a nosa comunidade gaña 17 mil afiliacións á Seguridade Social na comparativa anual e reduce o paro a un ritmo maior á media estatal.

Ó igual que en España, en Galicia o paro ten o mellor comportamento en 17 anos.